Exposicións: 25.09.2005 - 31.12.2006 |
Do 20/10/2006 ao 31/12/2006
| |
HABANA FACTORY
Habana Factory recorre á idea da Habana como un lugar de inventiva, unha cidade privilexiada polas súas carencias, onde esa xeración de artistas atopou a pauta para desenrrolar o seu traballo. Eles prantexaron formas moi particulares e diversas de expresar as súas preocupacións artísticas persoais ou sociais. Carlos Garaicoa, Los Carpinteros, Lázaro Saavedra, Fernando Rodríguez, Luis Gómez, Aimée García e Sandra Ramos formáronse e asentáronse na Habana, establecendo un non pactado e ás veces sufrido compromiso con esa cidade, cos seus habitantes e con eles mesmos como xeración. A pesares das múltiples migracións e as dificultades da vida cotiá, A Habana aínda segue mantendo para eses artistas un feitizo que emerxe dos sitios especiais, perdidos, abandonados, decadentes, ou a esperanza que envolve unha cidade que necesita renacer. Como dixera o destacado crítico de arte Gerardo Mosquera: “a arte en Cuba é coma unha maquinaria que segue traballando despois de pararse o motor...”
|
|
| |
Do 18/09/2006 ao 11/10/2006 |
| |
ALEJANDRO DE LA SOTA
A través dunha visión retrospectiva do seu traballo rastrexando a súa evolución dende un primeiro momento de formación academicista, a posterior viaxe por Italia nos anos 40 que o achegará ó movemento racionalista, e, sobre todo, a súa aportación máis importante á arquitectura e que será a recuperación do Movemento Moderno para Galicia, hai unha busca por reducir cada elemento ó esencial por medio dunha arquitectura conceptual. Tamén destacará, e será unha das súa principais aportacións, o desenrrolo paralelo da arquitectura coa tecnoloxía. Por todo isto, en A Chocolataría non se quixo esquecer a importancia que este home deu á arquitectura, e acolle esta exposición organizada polo Consorcio de Santiago.
|
|
| |
MANUEL SENDÓN
O inusual encargo do seguimento fotográfico das obras do campus da Universidade de Vigo, constrído nun terreo de millón e medio de metros cadrados, constitúe a orixe da serie Obras, na que o artista Manuel Sendón reflexiona acerca da problemática plantexada pola escala -modo de avaliación dunha imaxe dependendo do tamaño da mesma- e o punto de vista –método que permite incidir activamente na percepción do espectador- que teñen como referente tanto a fotógrafos que emerxen da Revolución Rusa coma os maestros da Bauhaus.
Nas fotografías desta serie o artista amosa a súa peculiar maneira de plasmar un proceso de cambio sostido ao longo dos anos de traballos realizados para materializar un proxecto desta envergadura. Esta minuciosa selección de imaxes, obxectos cheos de lirismo e dunha certa dose de ironía, sempre presente na súa obra, consegue captar os valores estéticos subxacentes na multitude de detalles e fragmentos constructivos documentados, para plantexar, tra-la súa descontextualización, as interesantes relacións perceptivas establecidas entre figuración e abstracción.
|
|
| |
Do 27/06/2006 ao 09/09/2006 |
| |
COLECCIÓN DE ARTE CONCEPTUAL RAFAEL TOUS
Obras de Francesc Abad, Jordi Benito, Jordi Cerdà, Antoni Miralda, Pere Noguera, Jordi Pablo, Carlos Pazos, Joan Rabascall, Francisco Ruiz de Infante, Fracesc Torres e Jaume Cifra incorpóranse, a partires do próximo día 27, ós diferentes espazos da antiga Fábrica de Chocolates Raposo. Arte-factos convertidos en catalizadores de ideoloxías críticas, creados nun con-texto marcado pola denodada loita pala liberdade e o cuestionamento dos valores convencionais. Artistas que actúan mediante grupos e manifestos, a través dos que pretenden trastocar, entre outros, a noción de exposición. Acciones precedentes das performances actuales: fotografías, vídeos, e instalacións adquiridas por Rafael Tous, activista e interesante coleccionista que, nos efervescentes anos da transición democrática, decide vender a súa colección de arte para “sumarse” a esta eclosión conceptual, última expresión do espíritu das vangardas clásicas coas que comparte a idea de rebelión contra o stablishment artístico, garantizando con isto a pervivencia de linguaxes que aúnan radicalidade artística e rebeldía política… ausentes nos circuitos culturais e comerciales.
Segundo argumenta Pilar Parcerisas no seu texto Producciones improductivas “calquer selección da colección nos daría uns compoñentes parecidos de: ideoloxía crítica, materialidade poética, transgresión da mirada, rebelión, cuestionamiento radical do concepto de verdade e relatos da evidencia. A arte como activismo o servicio do real e dos soños colectivos. Aa imaxinación ao poder, non. A imaxinación como contra-poder, como contracampo do real, dende o real. A arte como xoguete que permite visualizar e reconstruir o mundo coma metáfora, a posesión dos sueños e os instrumentos, a fuerza do porvir, o pensamento materializado, a cultura como parte integrante da lóxica económica, a colección como espacio nominal non adxectivado, á espera del espectador para su calificación”.
|
|
| |
Do 09/06/2006 ao 24/06/2006 |
| |
EL ROTO
El Roto ofrece unha pequena mostra da súa obra, seleccionada por el mesmo e pola que recibiu o Premio Panda de Comunicación Ambiental do Fondo Mundial para a Natureza (WWF) Adena na modalidade de comunicación alternativa en 2004, onde o seu particular estilo crítico e satírico pretende reflectir as agresións contra o medio ambiente e o patrimonio natural que sofre o planeta respecto ás actividades humanas. Consegue deste xeito, co idioma mudo e intelixente das súas viñetas, mostrar a realidade ambiental, mediante o milagre de aunar a tenrura cunha despiadada visión da vida e as súas contradiccións.
Andrés Rábago García naceu en Madrid en 1947. Durante o réxime de Franco, desenvolveu a súa actividade creativa baixo o seudónimo de Ops nas publicaciós Hermano Lobo e Triunfo. Conforme obtivo recoñecemento profesional e apreciación decidiu adoptar un segundo heterónimo: El Roto, polo que aínda é coñecido.
|
|
| |
MANUEL SENDÓN
Manuel Sendón propón un percorrido pola traxedia natural que tivo lugar o 13 de Novembro de 2002 nas costas galegas a través da serie fotográfica “Cuspindo a Barlovento”, presentada en abril de 2003 no Museo do Pobo Galego para amosar a crúa realidade das costas atlánticas da Galiza baixo unha mirada crítica. Porque non só o mar se tinguiu de escuro, tamén a fauna e a flora costeiras víronse sorprendidas pola marea de chapapote; milleiros de paxaros atrapados no vertido tóxico, a vexetación e as rochas mareiras sumerxidas baixo o manto negro. A fin da vida no mar.
Manuel Sendón nace en A Coruña en 1951, é licenciado en Matemáticas e Doutor en Belas Artes. Actualmente imparte clases na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e dirixe o grupo de Investigacións Fotográficas da Universidade de Vigo.
|
|
| |
Do 06/06/2006 ao 03/06/2006 |
| |
SOPHIE WHETTNALL
Sophie Whettnall detén o tempo un intre e trasládao ata A Chocolataría, que será testemuña de cómo se pode capturar un fermoso segundo e facer que fale por sí só. Instalándose na memoria industrial de Santiago de Compostela, a artista belga compartirá cos espectadores impactos aprisionados mediante unha película de 16 milímetros, de tres minutos en bucle, transferida a DVD. O seu traballo, Shadow Boxing, como nos trasmite Robert Storr, é asombroso pola forza que desprende a través da súa simplicidade. Este video conxelou a atención de Storr ó seu paso por ARCO, ata tal punto que fala das súas imaxes como as máis memorables de todas as observadas naqueles corredores en 2005. Con poucos datos da procedencia ou doutros traballos de Sophie, Storr quedou paralizado ante a case primeira incursión da artista no medio.
Unha segunda obra de Sophie, Conversation Piece , ábrenos as portas a un mundo exterior, que é en realidade outra instantánea íntima entre a artista, o espectador e o seu eu interior.
|
|
| |
JESÚS PASTOR
Jesús Pastor traslada o terreo das sensacións ata A Chocolataría. Mediante a transgresión da apariencia, o artista propón unha lectura distinta do entorno, da paisaxe, a través de suxerentes fotografías sobre aluminio das súas pezas de cristal. As súas imaxes fan referencia, coa súa contida simetría e o seu esplendor xeométrico, á estabilidade das figuras, ao equilibrio, a unha forma de harmonía primordial, convertendo á imaxe nun vehículo ideal para transmitir estados de ánimo ao espectador.
Jesús Pastor, nado en Vizcaya, comezou a súa formación estudando Pintura e Gravado na Facultade de Belas Artes de Bilbao e máis tarde se licencia en Filosofía e Letras. Expuxo os seus traballos no Centro Cultural da Villa, en Madrid, no Salón dos XVI, na Fundación Telefónica, no Círculo de Belas Artes de Madrid.
|
|
| |
CARLOS MACIÁ
É o título da intervención que Carlos Maciá realizou no espazo do patio interior da Chocolataría, unha peza final, que irá cubrindo aos poucos, tapando, borrando con novos sedimentos pictóricos de cor branca, ata que –a principios de xuño, momento no que se clausurarán as tres exposicións- non quede nada, salvo o documento visual dos traballos. A acción involutiva consiste non en inverter o proceso de produción, senón en construír enriba da peza orixinal, borrando ou destruíndo parcial ou totalmente a intervención inicial.
Maciá, nado en Lugo en 1977, foi o primeiro premio no Certame de Novos Autores "Na Vangarda" convocado pola Xunta de Galicia, participante no recoñecido proxecto "Generación 2005" de Caja Madrid e na exposición Urbanitas do MARCO.Recibiu unha beca de UNIÓN FENOSA que lle permitirá estudar seis meses en Nova York e é, ademáis, Mención Honorífica do VII Premio ABC de Pintura e Fotografía para Xoves Creadores celebrado en ARCO 2006.
|
|
| |
Do 02/02/2006 ao 31/03/2006 |
| |
ÂNGELA FERREIRA
A obra da artista lusitana xira entorno aos códigos histórico-sociais, aos que ela se achega cun posicionamento crítico e reflexivo mediante técnicas como a fotografía, o video ou a escultura. Trata o social e a identidade colectiva cunha reflexión que non esquece a estética, senón que a utiliza como método de diálogo e comunicación.
|
|
| |
SUSO FANDIÑO
A relación de Suso Fandiño cos obxectos e imaxes propón un debate entre ambos termos, as súas fracturas e encontros ao longo do pasado século. A interrelación e a cita directa son elementos habituais na obra do autor, propoñéndonos deste modo novos modos de relación entre obra e espectador, novas respostas e novas preguntas. Neste tipo de traballos os obxectos artísticos que cunha orixe industrial foron empregados ao longo do século XX (caixas brill, urinarios, botes de merda...), incide nunha visión dos mesmos en dous ámbitos, por un lado a súa significación como elementos claramente identificables como elementos iconográficos dentro do contexto artístico e por outra na súa apreciación como obxectos provintesde modelos produtivos industriais, exentos de calqueira signifcación aurática, Entre ánbalas vertentes desenvólvese un discurso que incide no cuestionamento sobre o ecosistema social e físico do contexto artístico, os seus modelos e a figura do autor como creador.
|
|
| |
SANTOS MONTES
As imaxes de Nunca sen ti non amosan a morte, senón a forma en que esta se representa para recordar ao morto e o modo en que os vivos a rememoran ou a confinan nun tempo e lugar concreto da vida. Trátase de amosar o traballo do luto: a constatación unha e outra vez da ausencia do amado leva a levantar algo alleo que recorde a pena dun mesmo. Constrúese algo, a modo de monumento, que recorde a morte por nós, un algo que alivie por traslación, como unha tumba ou unhas frores. No tríptico de San Andrés de Teixido, lugar profundamente arraigado co ancestral culto á morte, o artista plantexa unha maxistral reflexión sobre as lendas –o que non vai de vivo vai de morto-, ritos e tradicións populares galegas.
|
|
| |
Do 17/11/2005 ao 21/01/2006 |
| |
JOSÉ BECHARA
O artista brasileño José Bechara inciou a súa produción a principios dos anos noventa como pintor, desenvolvendo unha pintura de linguaxe marcada pola utilización diversificada de materiais, como oxidacións sobre lona de camión e peles de animais, permitindo novas experiencias no campo pictórico. Recentemente, o artista ven criando instalacións feitas con moveis, combinando o xesto escultórico con as cuestións pertinentes á pintura, como plano, cor e xeometrías. Na Chocolataría traballa neste tipo de instalacións en diferentes partes do espazo.
|
|
| |
PEDRO GOMES
Se por algo se caracteriza Pedro Gomes é polo dominio do debuxo e a súa aplicación en pintura, sempre a partir dunha estratexia de dislocación onde finas liñas de tinta de bolígrafo, queimaduras directas sobre o papel ou amoreamentos de pó sobre un lenzo, conceden unha nova dimensión para coquetear cos límites desta. Todo é produto dunha fórmula de apropiación do soporte e da idea convencional que temos da pintura ou do debuxo, investida dunha utilización ou dunha xustaposición de materiais inferiores, pobres -o lume, a estereográfica, o pó…- semellante á estratexia de Vik Muniz ao construír imaxes a partir do emprego de chocolate. Para A Chocolataría, o artista portugués Pedro Gomes prepara unha serie de intervencións murais que substitúen á pintura para coquetear co efémero e precario.
|
|
| |
ANTÍA MOURE
Antía Moure (Monforte de Lemos, 1981), amosa un exhibicionismo de paixóns dunha forma tan simple como directa. A modo de desafogada confidencia, revela segredos, sempre experiencias reais, en espazos abandoados. Estas mensaxes gardan un amargo sabor a impotencia, que liga coa resistencia e tendencia contestataria de artistas como Barbara Kruger ou Jenny Holzer, aínda que evitando o activismo e o autoritarismo apelativo para achegarse máis a unha intimidade susurrada que podería encaixar cos primeiros debuxos de E sther Partegás. Nunha realidade sobrecargada de contradicións en forma de signos que se disfrazan de actitudes didácticas cando non son máis que opinións estudiadamente dirixidas de carácter autoritario, a obra de Antía Moure, preséntase como a maneira máis san e efectiva de emitir unha mensaxe sólida, aínda que na maior parte das veces sexa dunha vida en ruínas.
|
|
| |
Do 28/09/2005 ao 06/11/2005 |
| |
JULIAN OPIE
As obras de Julian Opie (Londres, 1958) enténdense como unha reflexión en torno á pintura, a pesar de que os soportes cos que traballa son moi variados, dende a escultura á animación por ordenador. En A Chocolataría, este artista que mostrou a súa obra nos principais museos do mundo (Tate Gallery, Kunsthalle Bern ou a Royal Academy of Art de Londres), exhibe unha selección exhaustiva de pezas nas que a figura humana é protagonista. O traballo de Julian Opie consiste en espir a imaxe, reducíndoa á mínima expresión. Este artista síntese fascinado pola sinxeleza que subxace baixo as cousas. Nas súas pinturas, nos seus videos, nos L.E.D´s e incluso nas esculturas que realiza, ofrécenos unha versión alternativa da realidade, construída cunha simboloxía mínima non exenta de humor. Os suxeitos que retrata –na exposición podemos ver a This is Kiera Walking (Kiera é a coidadora dos seus fillos) ou This is Monique.16 (Monique é unha coleccionista que coñece o artista)– non son anónimos, senón persoas que coñeceu ao longo da súa vida. A interpretación que fai Opie da xente non é azarosa, xa que podemos recoñecer as profesións ou os caracteres dos personaxes polas cores, polos seus cortes de pelo ou pola roupa que levan. Así, Hirofumi with staff representa a un deseñador de moda, e Sara dancing é o retrato dunha modelo. O artista interpreta o mundo que o rodea coa axuda do computador, reconstruíndoo a partir do máis esencial da imaxe.
Todo elo resulta patente na maneira que Julian Opie ten de espir a imaxe para primar o básico, a imaxe escueta. O seu estilo áxil e estilizado, as súas figuras a modo de signos, de experiencia resumida, as súas lecturas do máis simple dos xestos, fálannos así de memorias e desexo porque, como sinala Borges, “os pasos que da un home desde o seu nacemento ata a súa morte, deseñan no tempo unha figura inconcebible”.
Opie, quen recoñece a influencia de artistas como Andy Warhol, é un dos máis destacados creadores de finais do século XX. Comezou a traballar nos anos oitenta, momento no que xa se aprecia o seu interese polo xénero do retrato, tanto de homes e mulleres coma de animais ou de paisaxes. Entre os seus premios recentes podemos destacar o Music Week CADS pola cuberta do CD recopilatorio Best of Blur, onde presenta os retratos “resumidos” dos compoñentes do grupo.
|
|
| |
DIEGO SANTOMÉ
Diego Santomé (Vigo, 1966) é un artista de proxectos, deses aos que lles gusta traballar con grandes equipas, como un estudio de arquitectura, unha produtora de cine ou unha axencia de publicidade. Para A Chocolataría, e baixo o lema de “a arte se é de chocolate mellor” presentou un proxecto artístico, nos límites entre a publicidade e a arte, concibido especificamente para a exposición inaugural. O proxecto, que pretende vencellar a forte memoria do lugar cunha reflexión sobre as posibilidades da imaxe, desenvolveuse a modo dunha campaña de marketing para dar a coñecer o espazo a partir de camisetas, chapiñas, carteis, mensaxes na web, SMS´s, performances e intervencións que teñen que ver co chocolate.
A frase “A arte, se é de chocolate, mellor”, funcionou como unha mensaxe subliminal que o público asociou ao espazo da antiga fábrica de chocolates. Uns días antes da inauguración, o artista fixo intervencións nas rúas da cidade e desenvolveu accións que, pouco a pouco, permitiron aos paseantes descubrir que era un proxecto vencellado á apertura do novo espazo expositivo.
O día da inauguración o artista levou a cabo unha performance que consistiu na produción dun muro de chocolate e o seu posterior derribo por parte de Diego Santomé. O público agardou ata que o muro caeu para entrar no espazo. A exposición, que inclúe un obradoiro sobre o chocolate que o artista impartirá a finais de outubro, foi concibida como un proxecto de reflexión en torno ao espazo público e a obxectos que adquiren o carácter de obra no momento no que a imaxe é asimilada polo receptor.
Diego Santomé é un dos artistas galegos máis activos dos últimos anos. Espuxo no MARCO de Vigo, no ARTIUM de Vitoria ou na II Bienal de videoarte (VIDEOZONE) de Israel. Os seus vídeos e pequenos filmes, instalacións ou fotografía falan da arte e da vida, sempre buscando a máis sinxela conexión co social.
|
|
| |
|
 |