Actividades: 25.09.2005 - 31.12.2006 |
Obradoiros
| |
DIÁLOGOS IBÉRICOS
O obxectivo dos obradoiros é crear unha experiencia de intercambio entre artistas galegos e artistas portugueses. Trátase de fomentar un diálogo que traspase a fronteira (que hoxe xa existe só como un límite inmaterial) nun eido, a arte, no que historicamente non se deu o mesmo contacto que se xera noutros ámbitos culturais e económicos. O proxecto intégrase coa intención de producir un achegamento entre Galicia e Portugal, no campo da arte e a creación contemporánea co obxetivo de, coa súa unión, convertelo en internacional. O intercambio facilita desta maneira a divulgación e a promoción tanto da arte portuguesa en Galicia, coma da arte galega en Portugal.
Mediante o diálogo e a convivencia nos talleres os artistas poderán achegarse tanto a diferentes ideas e conceptos artísticos, como a diversas técnicas e formas de traballar que levan a cabo os artistas portugueses. Todos eles teñen unha demostrada e longa experiencia internacional, representando un amplo abano de experiencias artísticas que van dende a arte sonora, ata a fotografía ou a pintura.
Data: 2/10/2006 - 20/12/2006 |
|
| |
TALLER DE CONTOS
Entre o 9 e o 31 de maio, A Chocolataría acolleu un taller intensivo de contos. O obxectivo do mesmo é introducir aos participantes nos fundamentos básicos da creación e redacción dunha obra literaria.A actividade desenvólvese mediante a análise de catro contos (A dama do canciño de Chejov, La señorita Cora de Cortázar, A Metamorfose de Kafka e un cuarto a escoller polos alumnos) e a realización de diversos exercicios de escritura. Pedro Ramos García, coordinador do Taller de Escritura Cuatro Cuentos, imparte as clases e supervisa o traballo dos alumnos do taller. |
|
| |
O MOBLE EMOCIONAL : MÁIS ALÁ DA USABILIDADE
Profesores: Curro Claret e Virginia Angulo. Do 12 ao 16 de setembro de 2006.
De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00
Organiza: Fundación María Martínez Otero
Colaboradores: Caixa Galicia, Concello da Estrada, A Chocolataría
ver imaxes>> |
|
| |
Seminarios
|
| |
LECCIÓN MAXISTRAL DA ARTISTA PORTUGUESA ÂNGELA FERREIRA
Ângela Ferreira é a primeira artista que propón un diálogo co peculiar espazo da sala de máquinas de A Chocolataría. Esta portuguesa posúe unha longa traxectoria tanto como artista como docente en centros portugueses e estranxeiros: na Universidade de Arquitectura de Cape Town (2003), na Facultade de Belas Artes de Lisboa (2003) e tamén como residente no Joal-Fadiouth Project de Senegal (2003); na South African National Gallery (1992) ou na Fundação Calouse Gulbenkian de Lisboa (1989-90). A súa obra xira en torno aos códigos histórico-sociais e achégase a eles cun posicionamento crítico e reflexivo mediante técnicas como a fotografía, o vídeo ou a escultura. Trata o social e a identidade colectiva cunha reflexión que non esquece a estética senón que a utiliza como método de diálogo e comunicación.
Patrocinio: Concellaría do Casco Histórico e Rehabilitación e Centros Socio Culturais do Concello de Santiago.
Xoves, 23 de Febreiro de 2006. 16:00 – 19:00 horas |
|
| |
REALIDADES E PARADOXAS DA ARTE CONTEMPORÁNEA
Impartido polo crítico de arte David Barro e polo artista Suso Fandiño. Do 14 ao 21 de decembro
Ver programa do seminario>> |
|
| |
SESIÓN RAPOSO: 'CORPOS DE PRODUCCIÓN'
Presentación do libro ‘Corpos de produción' editado por Uqui Permui e María Ruído
O acto contará con intervencións audiovisuais
Data: 13 de outubro de 21h a 23h |
|
| |
Cursos
|
| |
MUTACIÓNS URBANAS
O Consorcio de Santiago de Compostela, a Concellaría do Casco Histórico Rehabilitación e Centros Socioculturais e A Chocolataría convocan a profesionais, alumnos e cidadáns en xeral a reflexionar en torno ás transformacións acaecidas no noso entorno, invitando a expertos técnicos, de diversos sectores, a que aporten ideas e propostas para espazos urbanos –tanto históricos coma de nova creación- que sexan capaces de dar unha resposta ás menguadas necesidades de interconexión espacial e habitabilidade na rúa.Incorporemos a noción de instrumentación, firmemos un novo contrato coa ecoloxía: de maneira actica, pragmática, manipulable, mellorable, abramos os ollos ás novas relacións e cualidades espaciais, difuminemos contornos.
Data: 28-29-30/09/06 |
|
| |
REINVENTA-LA CIDADE
En L´architettura della città, Aldo Rossi propón que a cidade é un feito natural, coma unha cova, un niño, un formigueiro. Pero é tamén unha consciente obra de arte, que encerra na súa estructura colectiva moitas formas de arte, máis simples e máis individuais. O pensamento toma forma na cidade e, á súa vez, as formas urbanas condicionan o pensamento... a cidade é contemporaneamente un instrumento material de vida colectiva e un símbolo daquela comunidade de obxetivos e de consentementos que nacen en circunstancias tan favorables. Coa linguaxe, quizais sexa a maior obra de arte do home.
Data: 22/09/06 – 23/09/06 |
|
| |
AULA DE RENOVACIÓN URBANA E REHABILITACIÓN
A Chocolataría foi a sede da Aula de Renovación Urbana e Rehabilitación, un curso práctico que tivo lugar dende o mes de maio ata o mes de decembro de 2006 e que implicou ó seu alumnado en proxectos de renovación urbana que respondan a problemas actuais dos distintos centros históricos de Galicia. Promovida pola Comisión Europea-Interreg, PAGUS, Concello de Santiago, Consellería de Vivenda e Solo, Comisión de Asesoramento Tecnolóxico (CAT) do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), pola Universidade de Santiago de Compostela e a Fegamp, a AULA estará dirixida a arquitectos -superiores e técnicos-, aparelladores, historiadores da arte, xeógrafos, economistas, avogados, arqueólogos, sociólogos, entre outros profesionais relacionados coa rehabilitación. Este curso ten como obxectivos principais a conservación dos centros históricos, o emprego de técnicas e sistemas axeitados para este fin, considerar a renovación urbana como proceso solidario do que deben de participar todos os implicados e, por último, a conciencia de que o proceso debe de ser sostible e exportable e que mellor xeito de facelo que nun edificio histórico, emblemático e cheo de doces lembranzas para os composteláns como é a Fábrica de chocolates ‘Raposo’.
Nas instalacións de A Chocolataría, dende o mes de maio e ata decembro, levaranse a cabo unha serie de actividades para que os alumnos da AULA desenvolvan, en equipo e de modo individual, proxectos sobre rehabilitación de edificios de valor cultural, de conxuntos integrados na paisaxe natural ou urbana, sobre a renovación de tecidos históricos e a integración de tecidos residenciais incluídos nos mesmos, e sobre o estudo da evolución actual de sectores da poboación e económicos, usos dos espazos públicos nos centros históricos e as súas áreas de influencia.
Estas actividades son: un taller de proxectos con complemento de charlas e seminarios técnicos prácticos, coordinados por profesionais de recoñecida experiencia: Ricardo Aroca, Manuel Gallego, Enrique Nuere, Ignacio Paricio e Víctor López Cotelo; unha serie de seminarios prácticos de aplicación e uso de distintos materiais e técnicas; un seguimento do taller de proxectos da AULA; e unha serie de charlas teóricas e seminarios sobre problemas de xestión.
Dende maio ata decembro do 2006. |
|
| |
"NON TE CURTES" - CURTOCIRCUÍTO 2005
O 18 de outubro comezou, en Santiago de Compostela, o Festival CurtoCircuíto ´05. Durante cinco días realizáronse as proxeccións, así como diversas actividades que pretenderon converter Compostela nun punto de encontro do sector audiovisual. As proxeccións de creación contemporánea tiveron lugar en “A Chocolatería”.
Do 18 ao 22 de outubro. |
|
| |
VER, SENTIR E INTERPRETAR UNHA OBRA DE ARTE.
Ignacio Pérez Jofre ofreceu un curso de formación en relación coa percepción dos obxectos artísticos. Unha aproximación á complexa relación espectador-obra. |
|
| |
Artes escénicas
|
| |
AUGA. FESTIVAL INTERNACIONAL EN PÉ DE PEDRA
Con motivo do Festival Internacional En Pé de Pedra, “A Chocolataría” acolleu Agua. Un traballo no que se mixturan a música do aquófono de PARTO e as propostas coreográficas ou de imaxes en movemento de Daniel Abreu. Unha obra que poderiamos chamar de improvisación, na que queda moi clara a intención de chegar a un lugar común.
Data: Do 23 ao 25 de 2006. |
|
| |
CENSUS, O SOÑO DO ENUMERADOR.
XIV FEIRA DAS ARTES ESCÉNICAS DE GALICIA
El 13 de junio de 2006 e dentro do programa da XIV Feria das Artes Escénicas de Galicia, o colectivo Eme2-Ludd representou en “A Chocolataría” a obra Census: O soño do enumerador, un híbrido entre o teatro, a interactividade, o activismo social e a experimentación audiovisual.
Census comeza cando o público aínda está chegando. O recinto teatral transfórmase nunha oficina de emigración onde a audiencia é censada en directo. Dende ese momento, o público xa non é tal, senón que é parte da masa humana que transmigra.
Porque a interacción de Census é rexistrar as relacións intergrupales e migratorias de cada lugar no que se presente o espectáculo, e reflexionar sobre elas en tempo real. Para iso, enquísanse na localización da performance a un grupo de inmigrantes e outro de antigos emigrantes retornados. Con estes dous testimonios comporase a narración Census para cada lugar específico.
|
|
| |
"SALIVA Y HUMO". JAVIER FERNÁNDEZ MARTÍN
Javier Fernández Martín (A Coruña, 1980) é artista e bailarín de danza contemporánea. Desenvolve o seu labor como creador e intérprete dos seus propios traballos ou en relación con outros artistas e científicos do panorama actual, buscando o seu propio modo de bailar.
Ó longo dos días 1, 2 e 3 de xuño de 2006, presentou en “A Chocolataría” un trabajo de gran carga emocional, Saliva y humo. |
|
| |
|
 |